Acerca da Nave 1839

A Nave 1839 é unha asociación cultural sen ánimo de lucro cuxa sede é un espazo destinado á dinamización social e comunitaria. A súa vocación é organizar e acoller propostas de diversas naturezas (talleres, cineclube, charlas, etc), e o seu ámbito de acción, o que posibilitan os seus recursos materiais e humáns.

A sede da asociación non é un edificio okupado e tampouco “cedido”, senón alugado de xeito convencional e a prezo de mercado. A Nave 1839 cubre o 100% do seu aluguer e gastos gracias ás aportacións voluntarias, xa sexan en forma de traballo ou pecuniarias.

Ningunha das persoas xestionando nin atendendo á Nave recibiu nin recibe ningunha compensación económica a cambio da súa colaboración. Os seus posibles excedentes económicos, de habelos algún día, reinvirtiránse exclusivamente na mellora e ampliación das súas actividades e recursos, ou outros destinos acordes ós obxectivos do proxecto.

A equipa da Casa Tomada, foi quen, durante os dous anos de percorrido do seu proxecto, sentaron as bases para que todo isto e moito máis sexa posible.

Para calquera consulta ou proposta contacta con nós. Para estar ó tanto da nosa programación e actividades, síquenos nas nosas redes sociais ou subscríbete á nosa lista de correo.

Aquí está o noso rider técnico e aquí como chegar e info sobre o aparcadoiro.