Fasenuova + Emilio José

24
Xuñ
Fasenuova + Emilio José
20:30 - 23:00

Unha xoia exclusiva para a xentiña que non se lle vaia a man con ese monstruo masivo e invasivo que é a noite de San Xoán en Coruña. A electrónica oscura de Fasenuova forxou, man a man con Óscar Mulero, o seu LP “Aullidos Metálicos” (Humo, 2016), “a banda sonora da cidade xigante, decorada polos Humanoides Asociados, onde viven homes libres, neuromantes e ciborgs alucinados”. Acompáñanos Emilio José presentando o seu novo traballo, “Nativos Digitais”, unha nova magna obra de 64 temas que mesturan en capas e capas electrónica, rap e experimentalidade. Combo irrepetible, ocasión única, en medio da gran resaca anual da cidade. Xa tes a información; as decisións, coma sempre, son túas.

Fasenuova
https://fasenuova.bandcamp.com/

Emilio José
https://emiliojose.bandcamp.com/

Portas: 20:30

Donativo suxerido para as bandas: de 5 a 10 €