Contacto e propostas

Por favor, antes de enviarnos a túa proposta, lee a seguinte información sobre as nosas condicións:

A Nave 1839 é un centro social sen ánimo de lucro, xestionado e atendido íntegramente por persoas voluntarias no noso tempo libre, sen recibir ningún tipo de compensación enconómica pola nosa colaboración. Está aberto a todo tipo de proxectos, tanto musicais como de outras naturezas (obradoiros, cursos, charlas, proxeccións, cine, xornadas, encontros, etc). A súa vontade é proporcionar un espazo e uns recursos que posibiliten a realización na cidade de determinadas propostas culturais, artísticas e sociais.

Non funcionamos por “datas libres”: a nosa asamblea de programación evalúa mensualmente todas as propostas recibidas para un mes concreto, e elixe entre elas conforme ás nosas capacidades. Recibimos moitas propostas, e por desgracia é o noso tempo libre o que pon o límite ó número de cousas que podemos acoller. Non dispoñemos de nengún tipo de backline (só pes de micro, micros, PA, e mesa, consulta o noso rider técnico para máis información), nin de aloxamento para xs artistas. Os cartos recaudados na porta (entrada) son íntegramente para as propostas seleccionadas.

Le máis sobre a Nave 1839 aquí. Se precisades algún tipo de información concreta, ou tedes unha proposta, escribidenos a info@nave1839.org.