Sobre o proxecto

A Nave 1839 é unha asociación cultural sen ánimo de lucro cuxa vontade é aportar un espazo e recursos para a realización de actividades con fins de dinamización social e comunitaria. A súa vocación é organizar e acoller propostas de diversas naturezas (obradoiros, encontros, charlas, etc) no eido da arte e a cultura.

Ningunha das persoas xestionando nin atendendo á Nave recibiu nin recibe ningunha compensación económica a cambio da súa colaboración no proxecto.

Asociarse

A Nave 1839 é unha asociación cultural cuxas actividades son exclusivas para persoas socias. É dicir: para asistir ou participar nas actividades organizadas ou acollidas pola Nave 1839 é necesario ser socio/a. Para facerte socio/a, ven por alí e informarémosche das condicións.

Podes efectuar a baixa dos teus datos no momento que queiras a través do email info@nave1839.org. O noso ficheiro está rexistrado perante a Axencia de Protección de Datos, e regulado pola LOPD. Os teus datos non serán nunca utilizados para ningún fin que non sexan os intrínsecos á pertenza a asociación, nin serán baixo ningún concepto cedidos a terceiros.

Contacto

Por favor, antes de enviarnos a túa proposta, le a seguinte información:

A Nave 1839 é unha asociación cultural xestionada e atendida integramente por persoas voluntarias no seu tempo libre, sen percibir ningunha compensación económica a cambio. Está aberta a acoller todo tipo de actividades (charlas, proxeccións, xornadas, encontros, etc). A súa vontade é proporcionar na cidade un espazo e uns recursos que posibiliten o gozar e desenvolvemento de determinadas formas e proxectos culturais, artísticos e sociais. A asemblea de programación avalía todas as propostas recibidas e elixe cales delas decide acoller conforme ás capacidades e criterios da asociación. O email para consultas e propostas é info@nave1839.org.